Consumir cada segundo: «A punta de pistola», de Fran Alonso. Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha anotación sobre A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

A historia, «A punta de pistola»

O marco non dá para máis, obriga, obriga a consumir cada segundo aA punta de pistolapunta de pistola, coma se fora o último, coma se fora o último a carón dos demais que están vivindo canda ti, coma se fora o último antes do seguinte, antes da seguinte confluencia, antes da seguinte diverxencia.

O marco non dá para máis, nin a vida nin o formato folletinesco do Premio de LVG. Así que cómpre saber vivilo, saber empregalo. E se es autor/vividor xa con oficio mellor o saberás facer. Velaí que Fran Alonso, na novela que ten nos trinques, afastouse dos experimentalismo a menos que experimentalismo se queira chamar ao feito de facer confluír varias historias de xeito que a novela, máis que as historias que conflúen sexa a confluencia, o instantaneísmo multilateal converxente.
Enceteina onte e quédanme catro capíulos por ler. E aclaro tamén que o dito non significa que a historia novelada non teña densidade, nin de contido nin de fondura temporaria, porque é quen Fran Alonso de percorrer desde o primeiro terzo do século xx deica unha actualidade ( que pode ser precisada no que me resta por ler).
Porque é que no punto exacto que vivimos, inmediatamente anterior á seguinte diverxencia, levamos dentro a traxectoria disparada de todas as confluencias antes vividas. Levámolas no saco, a punta de pistola.
Velaí que, meu, non abonda con vivir senón que cómpre saber vivir. Saber escoller.
E ti podes escoller. Non moito, mais algo si. Podes escoller entre vivir no mundo da play, do colegueo insubstancial do «buen rollito» e do vacilón aparencial. Igual non podes facer moito porque devolvan os cartos roubados no asunto das preferentes. Mais podes escoller vivir desde o compromiso social, podes vivir comprometido co que pasa ao teu redor. Si, eu escollín ser nacionalista, vivir entre xentes que me chaman de irmán. Esa confluencia escollina eu.