«Cidades», un referente da poesía infantil, en edición ilustrada polo propio autor

Cidades

Cidades

Recoñecido, premiado e unanimamente aplaudido,Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas.

No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia.
Este libro é, en palabras da poeta e crítica Berta Dávila, un referente da poesía infantil radicalmente contemporáneo.  Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.
Esta nova edición está revisada e ampliada polo seu autor, que tamén realizou todas as ilustracións.