Vídeo do IES Sánchez Cantón sobre un roteiro literario que rematou cun encontro con Fran Alonso nunha terraza de Pontevedra

Un encontro co escritor Fran Alonso na terraza do Café Blanco y Negro de Pontevedra, que incluíu un recital do seu libro de poemas  Terraza, constituíu o punto final dun roteiro literario pola cidade que o profesorado do IES Sánchez Cantón organizou co alumnado de 4º da ESO dentro do proxecto «Rúas literarias en Pontevedra». O IES Sánchez Cantón publicou

Read more

Proxectar a visión poética interior na vida exterior e os códigos QR: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poemas  Terraza, de Fran Alonso.   A visión poética dunha terraza É relativamente frecuente que o simple se volva complexo, que o que parecía unha cara se volva un poliedro. A primeira vista Terraza, de Fran Alonso, parece un libro testamentario

Read more

A pertinencia e habelencia do autor convirte o poemario nun obxecto inusual e valioso: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un artigo de valoración crítica titulado Abril de libros no que fala do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Terraza No espazo da poesía chega o poemario Terraza, de Fran Alonso, poeta que ten gañado de seu a categoría de imprescindible pola súa procura incansable de espazos novos que conquistar

Read more

Reinventarse en cada entrega literaria: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Fran Alonso, Terraza Fran Alonso ten a teima de reinventarse con cada entrega literaria, sempre á procura de novas canles expresivas e novos xeitos de mudar a realidade máis achegada a través, a miúdo, do verso. Neste caso, ‘Terraza’ presenta unha

Read more

Texto de Iolanda Zúñiga sobre «Terraza», de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo

Reproducimos o texto de Iolanda Zúñiga sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, lido na presentación de Vigo, na libraría Cartabón. Hoxe xoves 30 preséntase en Compostela. Terraza Fran Alonso volve posicionarse, con Terraza, na disidencia, esa trincheira inherente á súa escrita, caracterizada por unha rebeldía a ralentí, infiltrada, abastecida de palabras certeiras, frases destras, versos sobrios e,

Read more

Poesía da crise, da existencia, da adolescencia, da miseria, da soidade, do extravío, que se fai visual: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Terraza Fran Alonso escribe dende a Terraza e publica en Xerais. Lin na Terraza con pracer, ollando as pombas e as persoas, transcribindo os seus poemas nun vídeo, porque Fran é quen de facer poesía para que non só a leamos, senón que a

Read more
1 2 3 4 5 21