Category Archives: Vídeos

Vídeo do IES Sánchez Cantón sobre un roteiro literario que rematou cun encontro con Fran Alonso nunha terraza de Pontevedra

IES_SanchezCanton-656x403

Un encontro co escritor Fran Alonso na terraza do Café Blanco y Negro de Pontevedra, que incluíu un recital do seu libro de poemas  Terraza, constituíu o punto final dun roteiro literario pola cidade que o profesorado do IES Sánchez Cantón organizou co alumnado de 4º da ESO dentro do proxecto «Rúas literarias en Pontevedra». O IES Sánchez Cantón publicou

Read more

O alumnado de Primaria do CEIP Manuel Sueiro elabora un video cunha canción a partir da poesía infantil de Fran Alonso

Video

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense elaborou vídeo cunha canción composta a partir dos libros de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos e O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.

Read more

Video-lectura do comezo de «Contos nerviosos»

Lectura_nerviosos

Video-lectura de Fran Alonso das primeiras páxinas do seu libro infantil Contos nerviosos, que acaba de publicar Embora edicións (2016). A lectura correspóndese coa primeira das catro historias, que leva por título «O caso de Amelio», protagonizada por un neno alérxico ao ruído.   Contos nerviosos conta catro historias distintas, presididas pola imaxinación, que exploran a fronteira entre a realidade e

Read more

Vídeo da intervención de Fran Alonso e Antoine Cassar no ciclo “Poetas Di(n)versos”

Cassar_FranAlonso_YolandaCastanho

Reproducimos o vídeo da intervención de Fran Alonso o pasado 30 de decembro no ciclo de Poetas Di(n)versos na Coruña, xunto co poeta maltés Antoine Cassar. Durante unha hora longa, o público puido escoitar recitar aos dous convidados, baixo o denominador común do cuestionamento das fronteiras xeográficas. O ciclo, coordinado por Yolanda Castaño, celebrouse no auditorio do Centro Ágora. 

Read more

Un lector recomenda en vídeo a novela «Tráiler», de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros

Un lector recomendou Tráiler, a novela de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros. Tráiler O lector achará en Tráiler un mesto conxunto de anécdotas, lembranzas, peripecias e transos, presentados cun gran senso do realismo e escolmados cun óptimo criterio narrativo. O ton humorístico adoptado para relatar historias alleas, máis ou menos reais ou magnificadas, feitas literatura sen abusar do artificio literario

Read more

Xa se pode ver na rede a curtametraxe «Carapuchiña e o Pobo Feroz», baseada nun relato de «Males de cabeza», de Fran Alonso

Carapuchinha

Xa se pode ver na rede o vídeo de Carapuchiña e o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións baseada nun relato co mesmo título de Males de cabeza, de Fran Alonso. A película, que logrou o Sacho de Ouro á mellor curta no Festival Curtello 2011, está dirixida por José Araújo e protagonizada por Toni Salgado (lobo) e María

Read more

Nenos de Salvaterra versionan en vídeo o Manual para ser poeta que inclúe «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Os alumnos de 3º de Primaria do CEIP Infante Felipe de Salvaterra fixeron un vídeo, publicado no blog Prac-Tic-Ando-en Primaria a partir do «Manual para ser poeta», do libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro arredor do que realizaron un intenso traballo durante o curso.

Read more
1 2