«Poemas inmóbiles de movemento estático», Un poemario en libro e vídeo que constitúe Unha proposta poética conceptual e gráfica

O vindeiro mércores 21, o escritor Fran Alonso, acompañado do editor e poeta Antón Lopo presentará na Fundación Euseino? (Rúa México 37, Vigo) o seu novo libro, Poemas inmóbiles de movemento estático, publicado pola editorial Chan da Pólvora. O libro estará distribuido a partir dese día polas librarías e na web da editorial. Poemas inmóbiles de movemento estático é un libro

Read more

Fran alonso fálanos dos superpoderes da lectura e da chamada da literatura, da palabra e da lingua no seu novo libro «douche a miña palabra»

O escritor Fran Alonso acaba de publicar na colección Sopa de Libros Douche a miña palabra, unha obra a través da que nos convida a reflexionar en torno a lectura, a escrita, a palabra, a literatura, a poesía e tamén á lingua. O libro conta con fermosas ilustracións de Bea Gregores, que aporta unha nova dimensión ao texto. Como se

Read more

O libro de poemas «Terraza», de Fran Alonso, é o libro máis valorado na Tabela de marzo elaborada por cinco críticos

O libro de poemas Terraza, de Fran Alonso é o libro  máis valorado no mes de marzo pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas

Read more

Fran Alonso escribirá diariamente en Twitter un poemario baixo o título de «Estado de Malestar», explorando as posibilidades expresivas da literatura galega nas redes sociais

Estado de Malestar. Ese é o título elixido por Fran Alonso para o libro de poemas que escribirá diariamente en Twitter dentro do proxecto inherente á súa obra de explorar as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías. A cabeceira da conta de Twitter empregada (@Tw140Poemas) reproduce unha fotografía que o propio Fran Alonso fixo sobre unha instalación da artista plástica portuguesa

Read more

Paseo literario: «O Vigo portuario dos libros de Fran Alonso»

Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o sábado 24 de outubro ás 11,30 h. da mañá terá lugar un paseo literario pola cidade de Vigo. O paseo estará guiado polo escritor Fran Alonso e no seu transcurso irá desentrañando diversas claves do Vigo portuario en intersección cos seus

Read more

Recensión de «Io e il ragno» en Mangialibri

Barbara Balduzzi publicou na revista italiana Mangialibri unha recensión crítica de Io e il ragno. Io e il ragno Un albo illustrato fatto di fotografie bellissime. La storia di una piccola bambina e di un ragno dalle zampe lunghe, che si conoscono attraverso immagini colorate e rassicuranti. La bambina va alla scoperta del suo corpo proprio attraverso il piccolo ragno

Read more

«Ninguén» pode lerse en formato dixital, para Apple ou Amazon

  Desde hai xa varias semanas, a novela Ninguén é a primeira obra de Fran Alonso que pode ser adquirida como libro electrónico en diversos formatos e con carácter comercial, tanto en Amazon (9,95 euros) como en Apple para ipad (9,99 euros), así como en epub para readers (9,95 euros desde Todoebook). Ninguén aborda, precisamente, os actuais xeitos de relación entre as persoas

Read more