Category Archives: Reedicións

«Poetízate», a antoloxía de poesía galega feita por Fran Alonso, volve actualizarse e incorpora as voces máis novas na súa 15ª edición

dav

Poetízate, a antoloxía de poesía galega feita por Fran Alonso, é unha antoloxía viva, que o autor revisa e amplía con frecuencia, chegando agora á 15ª edición coa incorporación dalgunhas das voces máis novas da poesía galega: Silvia Penas, Gonzalo Hermo, Ismael Ramos e Tamara Andrés. Pero isto non é unha novidade desta 15ª edición. Poetízate, un libro que se converteu nunha

Read more

Reedítanse todos os libros de poesía infantil de Fran Alonso: «Cidades» (4ª edición), «O meu gato é un poeta» (6ª edición) e «Poemas birollos para ler cos ollos» (2ª edición)

hdr

Os tres libros de poesía infantil de Fran Alonso acaban de ser reeditados durante estes dous meses de outubro e novembro. Publicados na colección Sopa de Libros de Xerais e ilustrados polo propio autor, Cidades alcanza a súa 4ª edición, O meu gato é un poeta a súa 6ª edición e Poemas birollos para ler cos ollos a súa 2ª

Read more

A novela negra «A punta de pistola» consolida a súa vocación de crear intriga e publícase a 3ª edición

Apunta3b

Acaba de ser publicada a 3ª edición da novela negra de Fran Alonso A punta de pistola, unha novela editada na colección Fóra de Xogo, que constitúe unha reflexión en torno á educación familiar e social, á marxinación, á infancia, á paternidade e ao papel da muller, entre outros temas, dentro dunha trama de suspense e intriga con moita acción. A novela pode

Read more

Publícase a 4ª edición de «O meu gato é un poeta», un libro de edición estendida

Gatopoeta_discolibro

O divertido libro de poesía infantil O meu gato é un poeta, que fóra escollido como Mellor libro infantil e xuvenil de 2011 polos/as lectores/as de Fervenzas Literarias, acaba de ser reeditado por cuarta vez, nunha edición na que o autor actualiza pequenas cuestións. A súa boa acollida entre o profesorado e todo tipo de lectores, desde Educación Infantil ata 1º da

Read more

Crítica de M. Rodríguez Alonso sobre «Cidades». Unha reedición moi necesaria: un clásico da poesía infantil

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso. Reedición moi necesaria Reedítase agora Cidades con engádegas e mesmo con cambio de ilustracións. Esta obra, publicada por primeira vez en 1997, é xa un clásico do que se adoita chamar poesía infantil-xuvenil. Non temos nada en

Read more

A nova edición do poemario infantil «Cidades» xa está nas librarías

Cidades, de Fran Alonso, revisado e ilustrado polo propio autor, está xa nas librarías, reeditado da colección Sopa de Libros de xaneiro. Trátase da terceira edición do coñecido poemario, logo de que as dúas anteriores se publicasen na colección Merlín, todas elas con cubertas diferentes.Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a

Read more

«Poetízate» chega a súa 10ª edición sobrepasando os 10.000 exemplares vendidos

Un verdadeiro bestseller poético. Niso converteuse Poetízate, a coñecida antoloxía da poesía galega creada por Fran Alonso que desde finais de 2006 superou os 10.000 exemplares vendidos e que nos primeiros días de xaneiro de 2013 terá nas librerías a súa 10ª edición. A súa enorme difusión non só converteu o libro nun instrumento de animación á lectura poética, senón que

Read more

Fran Alonso reedita un dos seus libros máis emblemáticos: «Cemiterio de elefantes. Reportaxe de Mar Pichel»

Mar Pichel publicou en Galicia Hoxe (09/08/2007) unha reportaxe sobre Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso, do que se publica a 6ª edición, en novo formato e revisado polo autor. O latexo angustiante da noite Fran Alonso fai unha crónica da vida nocturna viguesa A noite é “un enigma xigantesco” onde todo pode pasar e por iso, Fran Alonso lle

Read more