Category Archives: Presentacións

Este sábado Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros «Contos nerviosos» e «Poemas birollos para ler cos ollos»

Confeti

Este sábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, o escritor Fran Alonso presenta na libraría Moito Conto da Coruña un espectáculo infantil de animación literaria en torno aos seus libros Contos nerviosos (publicado por Edicións Embora) e Poemas birollos para ler cos ollos (publicado por Xerais). O espectáculo, de animación literaria e dirixido ao público infantil, será presentado por Miguel Toval, director

Read more

María Solar: «Contos nerviosos é un libro delicioso e diferente»

Presentacion Cnerviosos

«Contos nerviosos é un libro delicioso e diferente», manifestou a escritora e xornalista da TVG María Solar o pasado 6 de maio durante a presentación en Compostela de Contos nerviosos, de Fran Alonso, no marco da Feira do Libro. Casualmente, a escritora tamén publicaba unha novidade eses días: a novela As horas roubadas, que edita Xerais en galego e Grijalbo

Read more

A editorial Embora publica «Contos nerviosos», de Fran Alonso, que se presenta o venres na Feira do Libro de Compostela

Portada_recort

Contos nerviosos é o inquedante título do novo libro de literatura infantil de Fran Alonso,  que se presentará o vindeiro venres 6, ás sete da tarde (19 horas) na Feira do Libro de Santiago de Compostela coa presenza da escritora María Solar e mais do editor Miguel Toval, de Embora edicións. O libro Contos nerviosos, publicado pola editorial ferrolá Embora,

Read more

Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación da novela «Silencio» no IES de Valadares

Silencio IES Valadares

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.   Presentación de «Silencio», de Fran Alonso, por videoconferencia Resultou unha actividade moi interesante, e penso que satisfactoria, a presentación por videoconferencia,

Read more

A novela «Silencio» preséntase por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

fran_micro

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa. No acto de presentación

Read more

O editor Manuel Bragado dá conta da presentación de «A punta de pistola» ante douscentos alumnos e alumnas no IES de Teis

A_punta_de_pistola_IES_Teis_28-02-2013-1024x670

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia. Tamén é moi interesante seguir os comentarios dos alumnos e alumnos ante esta información no blog de Xerais. «A punta de pistola» Acompañei a Fran Alonso na presentación no

Read more