O editor Manuel Bragado dá conta da presentación de «A punta de pistola» ante douscentos alumnos e alumnas no IES de Teis

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia. Tamén é moi interesante seguir os comentarios dos alumnos e alumnos ante esta información no blog de Xerais. «A punta de pistola» Acompañei a Fran Alonso na presentación no

Read more

Fran Alonso solicitou a retirada de concurso de «A punta de pistola» dos Premios da Edición

O escritor Fran Alonso solicitoulle hai dúas semanas á Asociación Galega de Editores, coincidindo co momento en que se fixo pública a composición do xurado dos Premios da Edición, a retirada de concurso da súa novela A punta de pistola, que foi elixida entre as finalistas do Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil. A solicitude do escritor prodúcese

Read more

A novela «A punta de pistola» será presentada nun instituto vigués o vindeiro xoves 28

A punta de pistola, a nova novela de Fran Alonso, que foi Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, presentarase o vindeiro xoves 28 de febreiro, tres meses despois da súa saída, nun centro de ensino da cidade de Vigo: o IES de Teis. A presentación terá lugar a partir das 10:30 horas, estará dirixida aos alumnos e

Read more

A profesora Chus Nogueira revisita «Cidades» cunha opinión crítica no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso. Para Chus Nogueira, o libro aborda as cidades: soñadas, habitadas, imaxinadas, vividas… desde unha diversidade de perspectivas; e as cidades serven de pretexto para achegar os lectores e lectoras, desde un enfoque urbano, a outros temas: temas

Read more

A novela «Ninguén», a debate no club de Lectura Lendo no Galiñeiro

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que Fran Alonso mantivo sobre o seu libro Ninguén, no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro. Encontro sobre «Ninguén», de Fran Alonso, no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro» Pasou Fran Alonso por un dos clubs de lectura «Lendo no Galiñeiro», concretamente o destinado ao profesorado, persoal non

Read more

Un poemario fundamental para a poesía galega máis recente: «Cidades». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso. «Cidades», de Fran Alonso Hoxe  lembrei a relectura que fixen hai poucos días deste poemario, fundamental para a poesía galega máis recente, como é Cidades de Fran Alonso. O texto do escritor vigués, e esta reedición é a mellor proba, aséntase como un dos

Read more

Plasticidade case cinematográfica: «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol (03/02/2013) unha recensión crítica sobre A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia. Literatura de quiosco Cando falo desta caste de literatura, coa que os quioscos a piques de pechar ou de mudar en tendas de chilindradas, xa

Read more

«Cidades» elixido pola crítica entre os mellores libros do mes de febreiro

Cidades, de Fran Alonso, sitúase no segundo dos libros máis recomendados no mes de febreiro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e

Read more

A educación, discriminación, maltrato infantil e a desigualdade de xéneros en «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Mar Fernández Vázquez

Mar Fernández Váquez publicou en El Correo Gallego (30/01/2013) unha recensión crítica sobre sobre A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia. Unha carreira desesperada En «A punta de pistola» Fran Alonso contrapón as accións duns pais inmaduros ás dunha moza dubidosa ante o seu porvir É mágoa que no século XXI a

Read more

Unha fermosa mirada poética sobre as cidades. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso. Cidades Unha noticia que me enche de ledicia é a reedición deste Cidades de Fran Alonso, poemario que ben cumpría rescatar do esquecemento. Xa o comentamos unha vez, Fran Alonso deita unha fermosa mirada poética sobre as cidades, mergullándose nelas e ofrecéndonos as súas cores,

Read more
1 14 15 16 17 18 19