Publícase «Un rato díxolle á lúa», unha antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso

A antoloxía poética Un rato díxolle á lúa, acaba de ver a luz. Esta antoloxía, que percorre e selecciona a poesía infantil de Antonio García Teijeiro, foi preparada polo escritor Fran Alonso e presentouse o martes 28 de maio ás 20:00 horas na Casa do Libro de Vigo nun acto que contou coa presenza do editor Manuel Bragado, do poeta Román Raña,

Read more

Recensión de «Io e il ragno» en Mangialibri

Barbara Balduzzi publicou na revista italiana Mangialibri unha recensión crítica de Io e il ragno. Io e il ragno Un albo illustrato fatto di fotografie bellissime. La storia di una piccola bambina e di un ragno dalle zampe lunghe, che si conoscono attraverso immagini colorate e rassicuranti. La bambina va alla scoperta del suo corpo proprio attraverso il piccolo ragno

Read more

«Cidades»: Un libro para adentrarse na poesía. Crítica de Paula Fernández no Faro da Cultura

Paula Fernández publicou o xoves 21  de marzo nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo,  unha recensión crítica sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso. Literario e plástico Para adentrase na poesía En 1997 publicouse por primeira vez este poemario plástico–literario de Fran Alonso, especialmente dirixido para o alumnado de 3º ciclo de Educación

Read more

Crítica de M. Rodríguez Alonso sobre «Cidades». Unha reedición moi necesaria: un clásico da poesía infantil

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso. Reedición moi necesaria Reedítase agora Cidades con engádegas e mesmo con cambio de ilustracións. Esta obra, publicada por primeira vez en 1997, é xa un clásico do que se adoita chamar poesía infantil-xuvenil. Non temos nada en

Read more

A profesora Chus Nogueira revisita «Cidades» cunha opinión crítica no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso. Para Chus Nogueira, o libro aborda as cidades: soñadas, habitadas, imaxinadas, vividas… desde unha diversidade de perspectivas; e as cidades serven de pretexto para achegar os lectores e lectoras, desde un enfoque urbano, a outros temas: temas

Read more

Un poemario fundamental para a poesía galega máis recente: «Cidades». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso. «Cidades», de Fran Alonso Hoxe  lembrei a relectura que fixen hai poucos días deste poemario, fundamental para a poesía galega máis recente, como é Cidades de Fran Alonso. O texto do escritor vigués, e esta reedición é a mellor proba, aséntase como un dos

Read more

«Cidades» elixido pola crítica entre os mellores libros do mes de febreiro

Cidades, de Fran Alonso, sitúase no segundo dos libros máis recomendados no mes de febreiro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e

Read more

Unha fermosa mirada poética sobre as cidades. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso. Cidades Unha noticia que me enche de ledicia é a reedición deste Cidades de Fran Alonso, poemario que ben cumpría rescatar do esquecemento. Xa o comentamos unha vez, Fran Alonso deita unha fermosa mirada poética sobre as cidades, mergullándose nelas e ofrecéndonos as súas cores,

Read more

A nova edición do poemario infantil «Cidades» xa está nas librarías

Cidades, de Fran Alonso, revisado e ilustrado polo propio autor, está xa nas librarías, reeditado da colección Sopa de Libros de xaneiro. Trátase da terceira edición do coñecido poemario, logo de que as dúas anteriores se publicasen na colección Merlín, todas elas con cubertas diferentes.Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a

Read more

Unha versión anovada do poemario infantil «Cidades» sairá á luz en xaneiro de 2013

O poemario infantil Cidades, de Fran Alonso será reeditado en xaneiro na colección Sopa de Libros con ilustracións do propio autor, incluída a da cuberta, nunha versión ampliada e revisada, que inclúe novos poemas. Para realizar as ilustracións, Fran Alonso botou man da fotografía e da súa manipulación con programas informáticos a fin de facer fluír a súa propia creatividade

Read more
1 4 5 6 7