As catro patas da poesía no CEIP Seis do Nadal co espectáculo «A poesía é un globo»

Seis do Nadal

Gatopoeta_discolibro

O blog da biblioteca do CEIP Seis do Nadal, de Vigo, publicou unha información sobre a visita de Fran Alonso para realizar o seu espectáculo poético «A poesía é un globo» para os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, que leron o libro O meu gato é un poeta.

 

 

 

Visita de Fran Alonso

Onte Fran Alonso falounos de cales eran as catro patas da poesía: a palabra, o silencio, a música e a maxia.

Con estes catro elementos e moita poesía engaiolou ao alumnado de 3º que leu o libro  
“O meu gato é un poeta”.

scn3282Ao longo da súa exposición Fran empregou diversos obxectos e música que acompañaron ao recitado dos poemas interactuando co alumnado e facéndoos partícipes con sons, repetindo estribillos,…

Leunos poemas de Uxio Novoneyra e de Manuel María.

Houbo tempo para facer preguntas e para que os nenos e nenas recitaran e rapearan diferentes poemas do seu libro.

Rematamos a súa visita coa entrega dun agasallo e asinando nos libros dos alumnos/as.

Grazas Fran!!!!