Adaptación teatral de «O meu gato é un poeta» nas Xornadas Municipais de Teatro Escolar

CEIP Canicouva, da man da profesora Chus Pereiro, levou á escena o libro de poemas O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, con alumnos e alumnas de 1º ciclo de Primaria, para representalo nas V Xornadas Municipais de Teatro Escolar que se celebraron o pasado mes de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Reproduzo a gravación da representación teatral que se fixo no propio centro.