A profesora Chus Nogueira revisita «Cidades» cunha opinión crítica no Diario Cultural

CidadesO Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso.
Para Chus Nogueira, o libro aborda as cidades: soñadas, habitadas, imaxinadas, vividas… desde unha diversidade de perspectivas; e as cidades serven de pretexto para achegar os lectores e lectoras, desde un enfoque urbano, a outros temas: temas de natureza intimista, como a soidade e o amor; temas sociais, como a pobreza, a solidariedade, a exclusión, e outros temas como a viaxe ou os medios de comunicación. Isto convérteo nun libro que transmite valores.
A valoración crítica de Chus Nogueira incide tamén en que a linguaxe poética de Cidades é sinxela, comprensible e á vez cotiá e, sobre todo, actual, explorando Fran Alonso a creación de imaxes a partir da realidade cotiá das urbes, cuestión que salienta como un dos elementos máis notables do poemario.