A nova edición do poemario infantil «Cidades» xa está nas librarías

Cidades, de Fran Alonso, revisado e ilustrado polo propio autor, está xa nas librarías, reeditado da colección Sopa de Libros de xaneiro. Trátase da terceira edición do coñecido poemario, logo de que as dúas anteriores se publicasen na colección Merlín, todas elas con cubertas diferentes.
Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.

Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1997 – Premio Lazarillo (ACCESIT), 1997