Un secuestro «A punta de pistola» que se converte nunha novela social

A punta de pistola

A punta de pistola

A novela A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores. Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras. A punta de pistola gañou o XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

A crítica literaria Mª Jesús Fernández escribiu na revista Clij (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil que a novela A punta de pistola, publicada na colección Fóra de Xogo,  conxuga realismo e crítica social, constituíndo a novela «un interesante ejerecicio sobre la voz del relato, ya que se utilizan la primera, la segunda y la tercera pesonas narrativas. Tiene también estructura fragmentaria y distribuye la acción en tres planos que se van intercalando y confluyen en un desenlace común».