Publícase a 4ª edición de «O meu gato é un poeta», un libro de edición estendida

O divertido libro de poesía infantil O meu gato é un poeta, que fóra escollido como Mellor libro infantil e xuvenil de 2011 polos/as lectores/as de Fervenzas Literarias, acaba de ser reeditado por cuarta vez, nunha edición na que o autor actualiza pequenas cuestións. A súa boa acollida entre o profesorado e todo tipo de lectores, desde Educación Infantil ata 1º da ESO, fan que este poemario versátil, estea tendo unha excelente acollida.

TODO sobre O meu gato é un poeta (recursos didácticos, recensións críticas, entrevistas co autor, vídeos, fotos, etc)

Recensión de Ánxela Gracián sobre O meu gato é un poeta en Protexta
—A serenidade vixiante, entrevista de Lupe Gómez con Fran Alonso en Galicia Hoxe sobre O meu gato é un poeta.
Entrevista con Fran Alonso en mp3 sobre O meu gato é un poeta en Radiofusión (Radios Municipais Galegas).
Descargar unha canción de «O meu gato é un poeta» en mp3 no portal LG3 de culturagalega.org